Vuelve el “Obradoiro de Batucada”

BATUKADAjpgO vindeiro luns 5 de outubro, e tras a excelente acollida do pasado ano, iniciarase novamente o periodo de inscrición para a segunda edición do Obradoiro de Batucada Brasileira promovido polo Concello de Cambados.

A batucada é unha manifestación musical consistente nun grupo de instrumentos de percusión, como os surdos, repikes e caixas. Considérase ás veces unha derivación da samba.

A súa orixe sitúase nas culturas africanas onde se creaban formacións de tambores para festividades populares. Atopamos batucadas non só nos países africanos senón tamén nos países cuxas culturas teñen as raíces deste continente. Na nosa época, a batucada ten o seu florecemento en Brasil, onde se forman con grupos de ata máis de 3.000 tamboristas e bailaríns, sendo a batucada brasileira o prototipo do movemento de batucadas que se ve en Europa.

A partir do 3 de novembro iniciaranse as clases impartidas por Jorge César Pérez, Profesor Superior de Música na Especialidade de Percusión do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. O ano pasado contaron con 25 integrantes, e foi tan boa a experiencia que mesmo se chegaron a construir os seus propios instrumentos. Este ano ofertan ata 40 prazas.

A actividade desenvolverase todos os martes de novembro a xuño de 20.00 a 21.30 h. no Salón J. Peña.

O curso ten unha cuota mensual de 10€. Valorarase ter coñecementos previos en música, e ofertarase un 25% das prazas para rapaces entre 8 e 15 anos e o 75% restante para maiores de 16 anos. Para máis información e inscrición previa os interesados deben remitirse á Biblioteca Municipal de Cambados.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s