Exposición fotográfica “Vento Mareiro”

 
Este ano conmemórase o centenario da publicación do libro “Vento Mareiro” do poeta cambadés e universal Ramón Cabanillas Enríquez. Esta obra, doada de ler, achéganos á realidade de Cambados, do Salnés e de Galiza, aos problemas dos galegos e galegas daqueles tempos (a emigración, a guerra, as inxustizas, a pobreza…), á historia e ás lendas, ao amor, aos persoaxes da época, á natureza e ás xentes do campo e do mar (moitos aínda vixentes).

Entre os diversos actos a realizar na proximidade destas datas, a Concellería de Cultura propón a realización dunha exposición fotográfica aberta inspirada nos poemas de “Vento Mareiro”.Con esta actividade queremos facer un chamamento á todas as persoas afeizoadas á fotografía para que nos acheguen un traballo de formato libre inspirado nalgún dos poemas desde libro.

O obxectivo é divulgar a obra de Cabanillas á vez que se presentan imaxes que non acheguen á realidade de Cambados e Galiza desde os máis diversos puntos de vista.

O prazo de entrega dos traballo rematará o venres 30 de outubro e o lugar de contacto será a Biblioteca Municipal. Cada fotografía deberá ir acompañada dos datos do/a autor/a e do texto escollido (para calquera dúbida dirixirse á persoa encargada da biblioteca).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s