El BNG se alegra de que al PP no le guste como gobiernan: “eles non o faría así; o cal é bo”

IMG_8199El BNG responde al lider de la oposición, Luis Aragunde. “Somos un goberno municipal e non catro, como quixera Luís Aragunde para ter argumentos e facer algunha crítica crible. Formamos parte dun goberno municipal que está preocupado polos veciños e veciñas de Cambados e non polo PP, que desde o “batacazo” das eleccións municipais aínda non recuperou o coñecemento e que basea todas as súas críticas no estribillo de que “estes lévanse mal”.O BNG asume a súa labor neste novo goberno e faise responsable da xestión das súas áreas sabendo formar parte do grupo. Claro que o BNG segue a defender a peonalización da Praza de Fefiñáns pero é consciente de que non goberna só (o cidadán así o decidiu democraticamente) e o actual acordo de goberno subscrito responde a un consenso entre catro grupos, o que, sen dúbida, redundará no beneficio de veciños e veciñas.

E temos que gobernar un concello queimado economicamente polo PP; un PP que deixou unha serie de proxectos en marcha cunha mala planificación. Proxectos, como a praza de abastos ou cuberta da piscina, pensados para presentar nun programa electoral e non para solucionar as carencias e necesidades nestes aspectos. Proxectos, ámbolos dous, mal pensados, mal planificados e mal adaptados ao que realmente necesitamos. E isto pasou porque estes proxectos non foron consensuados cos interesados, senón que foron presentados para sacarse a foto e hoxe o novo goberno municipal ten que pelexar para que se axusten ao que realmente se necesita en Cambados.

Alégranos de que ao PP non lle guste como gobernamos, porque iso quere dicir que eles non o faría así; o cal é bo, pois ao PP botárono os cidadáns pola forma de gobernar.”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s