Somos Cambados celebra una asamblea para analizar los 100 primeros días en el gobierno

COMUNICADO DE SOMOS CAMBADOS

“Baixo o lema “construíndo o cambio”, a plataforma veciñal Somos Cambados celebra este venres 2 de outubro a súa segunda asemblea dende a formación do goberno local cuadripartito; será no salón de actos de Exposalnés, ás 20:00 horas.

A asemblea ten como primeiro punto da orde do día a exposición do traballo realizado nos tres últimos meses por parte dos concelleiros de Somos Cambados que integran o goberno municipal, Tino Cordal e Xurxo Charlín, ademais de poder escoitar e valorar de primeira man as distintas aportacións que os veciños queiran trasladar para ser tratadas co resto de formacións que forman parte do goberno municipal de Cambados.

A continuación abordaranse cuestións relativas á estrutura organizativa interna da plataforma veciñal. Finalmente, Somos Cambados debaterá sobre o seu posicionamento de cara ás vindeiras eleccións xerais e a posibilidade de apoiar unha candidatura unitaria galega nos comicios do mes de decembro. Ademais de informar das distintas reunións nas que participaron integrantes de Somos Cambados coas dúas plataformas que se manteñen a día de hoxe neste proceso de converxencia: Iniciativa pola Unión e Marea Galega, e que a súa vez, poidan explicar aos asistentes a situación actual na que se atopan.

Nesta asemblea imos aprobar a creación dun grupo de traballo aberto a veciñanza, onde se comece a redacción dun documento básico organizativo e a elaboración dun censo de simpatizantes desta plataforma, para poder dar traslado a xente que así o desexe do traballo que se esta a facer no concello de Cambados e facilitar unha canle directa de comunicación cos representantes da Plataforma no goberno municipal do concello de Cambados.

Somos Cambados seguirá celebrando asembleas abertas periodicamente durante toda a lexislatura, coa intención de informar sobre o traballo realizado no concello e acordar con todos os seus simpatizantes (pois non existe a condición de afiliad@ nesta plataforma veciñal) as propostas para mellorar a situación económica e social da vila cambadesa e que permitan manter o compromiso co que a Plataforma Somos Cambados se presentou as eleccións municipais e poder manter unha comunicación directa e constante cos veciños de Cambados que desexen asistir as mesmas.”cartel asamblea somos cambados

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s