“Un San Sebastián na rectoral e unha bandeira do arco da vella na balconada do concello” por Xan Galban

10402520_593619827421201_2613272516326672277_n (1)Articulo del cambadés Xan Galban:

Como pasa o tempo,inda parece que foi onte cando de adolescente no meu barrio cambadés de Triana pasaba con certa frecuencia por diante da casa do Cura como vulgarmente lle chamamos á Rectoral habitada por aquel entón polo xefe de moitas cousas,D.ANTONIO LISTE pero primordialmente guia espiritual e relixioso dunha vila de por sí crente,beata e ben educada na posta en escena dunha parafernalia católica que escomenza coa Candelaria e remata nas Angustias,polo tanto,e sen moitas mais cousas que facer que traballar arreo para saír adiante e cumplir cos mandamentos da Santa Madre Iglesia ún xa tiña dabondo e non se plantexaba mais nada que o establecido,agás os improperios dos homes no bar,e as faladurías dun Sálvame colectivo maiormente das féminas,subsanado cunhas misas e outras tantas procesións.

Ás veces tiña que ir directamente a esa casa por que era Monaguillo a por recados e sempre abría a porta a irmá do Cura,atentísima,e mentras esperaba recreábame nun San Sebastian precioso mesmo carcomido,cheo de pó,coma abandonado xusto onde escomenzaban as escaleiras que levaban ao primeiro andar da casa,xa podía tardar a Señora que eu me recreaba na figura dese Santo Martir cravado, coas frechas que non parecían de sufrimento senon de esperanza no premio do mais alá e ese corpo case espido,de pose de estudo fotográfico,como dicindo”esto non é nada”ata que baixaban co requerido e volta á igrexa de Fefiñáns onde o Señor Xaquín,o Sacristán,dábame por axudar en misa 25 pesetas ás veces,que rápidamente as gastaba no Quiosque de Castor mercando a Super-Pop chea de “pegatinas”dos cantantes da época;alí,a toda cor,saían os meus San Sebastiáns que se chamaban Iván,Leif Garret,Miguel Bosé,e tantos outros aos que procesaba admiración ata que alguén me dixo taxativamente,”esa revista é para mariconas ou para chavalas”ipso-facto deixei de mercala,pero non de ollala cando tiña ocasión,e así escomenzou oficialmente a miña entrada no armario con peche a dúas chaves que tirei na ría durante anos.

Pero iso levoume a lér todo o que de transguesor se publicaba,que chegaba de Madrid e Vigo,os clásicos Oscar Wilde Kavafis,de escoitar na trastenda opaca os comentarios despectivos hacia a miña condición sexual sen poder respostar directamente,mais atacaba con outro tema polémico e machacábao dialécticamente,incluíndo demagoxia,e conquerín rodearme duns amigos de verdade que aínda hoxe forman parte esencial na miña vida,e todo esto cuha sexualidade plena na xuventude-os amantes nunca dín que se acostaron cun home-mais non no sentimental das parellas que foi o peor,e sen saír de Cambados.Todo o contrario,cando me fun a vivir a Compostela non entendía o mundo gai,demasiado postureo,demasiada divinidade,eu estaba acostumado ao roce ,ás miradas lascivas, de desexo,aos encontros no derradeiro pub cando xa se foran as amiszades dún e doutro,fun feliz.

Cos anos voltei a atopar ao meu San Sebastián xa restaurado,pletórico,cunhas cores vivas própias dunha estrela do Cinema nunha esposición de “Galicia no Tempo”e souben da importancia da talla e a orixe polo mesmo procedemento da trastenda do armarizado,non sabína quen comentaba que era de Cambados e coñecía ao Dono e onde estaba a figura e sonsaqueille inda mais que non ven a conto,soio dicir que por Wilde entereime que o Martir coas frechas é o icono católico dos gais créntes, dos cristiáns de base que inda son tratados pola Curia eclesiástica coma pecadores,o que lles queda por andar.Eu espero ter a fin de semana unha das miñas bandeiras penduradas na casa de todos,a multicor,a LGBT que brilará coma o San Sebastián saído do armario,con orgullo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s