Víctor Caamaño asegura que “no que dependa do BNG o PP non gobernará Cambados”

Nota de prensa -“Tras 28 anos de desgoberno ábrese un novo tempo en Cambados. O BNG-Asembleas Abertas e eu, persoalmente, comprometémosnos a traballar para que ese novo tempo se consolide cun goberno ao servizo de todos os cambadeses e cambadesas

Como candidato do BNG-Asembleas Abertas quero dar os parabéns a todos os veciños e veciñas que onte deron o seu apoio á nosa candidatura, confiando en que ese  apoio  sería fundamental para rematar con 28 anos de gobernos do PP; veciños e veciñas que nunhas circunstancias complexas debido á volatilidade electoral e ao intento de facer crer que todas as organizacións políticas somos iguais apoiaron a unha organización que sempre encabezou, no noso concello, a loita contra as políticas do PP e que ademais considera que construír un novo Cambados é construír tamén Galiza.

A perda da maioría absoluta por parte do PP é algo no que o BNG leva traballando moitos anos consciente de que o noso concello precisa un cambio de rumbo cun goberno municipal ao servizo de todos os cambadeses e cambadesas.

Onte abriuse esa porta e pola nosa parte temos toda a disposición para construír ese concello democrático e transparente polo que apostaron onte os nosos veciños e veciñas, unha construción que vai ser complexa, pois son 28 anos de desgoberno e o panorama post-electoral no noso concello é moi fragmentado.

Un novo Cambados é posíbel sempre e cando se basee en programas e non en personalismos, programas que para o BNG-Asembleas Abertas son sempre compromisos cos veciños e veciñas.”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s