Somos Cambados dice que “está aberta ao diálogo coas demais forzas políticas”

11204927_776679982445959_8154259551340804981_n
“SOMOS CAMBADOS quere destacar o comportamento cívico e democrático que ofreceron os veciños e veciñas de Cambados durante a xornada electoral, ao tempo que agradece aos 1.162 cambadeses e cambadesas que nos deron o seu apoio nas urnas. A pesar dos escasos medios materiais e a ausencia de axudas externas, en pouco máis de un mes conseguimos que a nosa mensaxe de cambio fose respaldada por un número considerable de veciños e veciñas, incluso converténdonos na segunda forza máis votada nalgunhas mesas electorais.

Ante a perda da maioría absoluta do Partido Popular, SOMOS CAMBADOS agarda que esta nova etapa que se abre agora culmine cun goberno que teña como prioridades axudar ás persoas que máis están sufrindo a crise económica, apostar decididamente pola creación de emprego e xestionar con honradez, promovendo a participación e a igualdade de oportunidades para os veciños e veciñas de Cambados.

Conscientes da nosa responsabilidade, SOMOS CAMBADOS está aberta ao diálogo coas demais forzas políticas que estean dispostas a promover o tan necesario cambio no Concello de Cambados.

De acordo cos nosos principios democráticos, calquera decisión que se tome ao respecto deberá ser refrendada pola asemblea de SOMOS CAMBADOS, comprometéndonos a informar puntualmente aos veciños e veciñas de Cambados sobre o desenvolvemento das negociacións”  Nota del grupo en la red social Facebook. 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s