Fátima Abal dice que “Aragunde está convencido de que as mulleres, polo feito de ser mulleres, non están capacitadas para ocupar postos de responsabilidade”

 Nota de prensa: Fátima Abal atribúe ao machismo notorio de Luis Aragunde os continuos desprezos ao PSOE de Cambados

A candidata á alcaldía Fátima Abal achaca os continuos desprezos recibidos por parte de Luis Aragunde a un asunto que ten máis que ver co seu machismo e a súa misoxinia que con outra cousa, como xa deixou patente o PP en moitas ocasións

Segundo Fátima Abal “Aragunde está convencido de que as mulleres, polo feito de ser mulleres, non están capacitadas para ocupar postos de responsabilidade. Esa mentalidade é a que o leva a desprezarnos continuamente, a dicir que non estamos capacitadas, e a facer declaracións como as que se recolleron recentemente nunha entrevista onde dicía que o actual equipo socialista non sería quen de manter os actuáis resultados.”
“Pois ben, ao alcalde o que lle incomoda do actual equipo é que estea formado por un grupo municipal con tres concelleiras que demostran pleno tras pleno un nivel e una capacidade de traballo que o deixan en evidencia continuamente, tanto pola formación como polo traballo realizado.”
“Para Luis Aragunde, o lugar que debe ocupar a muller é o de estar na casa criando aos fillos e ocupándose da limpeza e da cociña. E esto non é algo que diga eu –continúa a candidata-, senón que o propio Luis Aragunde o ten demostrado en varias ocasións. Sen ir máis lonxe, nun acto onde estábamos os portavoces das 3 formacións políticas con representación na Corporación Municipal, Aragunde dixo que eu non podía ser alcaldesa porque teño dous fillos e, claro, a política non me deixaría tempo para ocuparme deles. Que pasa, que os alcaldes que houbo ata o de agora non tiveron fillos? Por qué só mo dixo a min e sen embargo non llo dixo ao portavoz do BNG que estaba xusto ao lado e tamén é pai? Evidentemente, para Aragunde o problema non eran os fillos senón o feito de ser muller, ao igual que o problema non é a capacidade senón que lle molesta que haxa mulleres máis preparadas ca el e que llo demostren día a día.”
Fátima Abal insiste en que “este tipo de comportamentos non se deben permitir nunha sociedade avanzada, estase loitando diariamente para fomentar os valores da igualdade, polo que una persoa que ten esta forma de pensar tan arcaica, que non cre no reparto das tarefas domésticas entre homes e mulleres, non debería ser digno de ocupar un cargo público.”
Non é a primeira vez que un dirixente do PP de Cambados incluso despreza a mulleres da súa propia lista, non deixándolles acceder ó cargo que lle corresponde, e que no seu lugar nomean a un home, moito menos preparado ca ela. Recordemos como chegou Aragunde ó cargo e por riba de quen pasou.
“Ademáis, noutras declaracións, di Aragunde que é tan honrado coma min, sen embargo, unha vez máis minte: eu non estou sendo investigada nin por prevaricación nin por malversación de caudais públicos, nin nunca ningún xuíz me impuxo unha multa por desobediencia á autoridade xudicial. Asi que el non pode facer ningún tipo de comparación conmigo neste aspecto”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s