El Ayuntamiento de Cambados tendrá que ir juicio por los enchufes de la nueva RTP

 Nota de prensa- “No día de hoxe, o Xuzgado do Contencioso de Pontevedra comunicou á Portavoz socialista a data fixada polo Xuzgado para resolver as presuntas ilegalidades no tema da Rpt, será o vindeiro 17 de decembro ás 9:00.

Os socialistas votaron en contra da aprobación inicial en Pleno e presentaron alegacións a esta aprobación que foron rexeitadas pola bancada popular, procedendo á súa aprobación definitiva só co voto a favor deste mesmo grupo.

Tanto os Socialistas de Cambados como un grupo de traballadores do Concello, presentaron entón, o anuncio do recurso e posteriormente formalizaron a demanda no prazo establecido polo Xuzgado xa que “na Rpt aprobada polo grupo popular, aparecen unhas subidas salariais de determinados traballadores afíns o PP, que ademáis supoñen unha ilegalidade ó contradecir a propia Lei aprobada por Rajoy de Orzamentos Xerais do Estado. Tamén se producen uns aumentos nos salarios de determinados traballadores, e concepto de complementos específicos, de productividade e de gratificacións que superan as cuantías legais. Estamos unha vez máis ante os favoritismos e amiguismos ós que nos teñen acostumados neste e noutros Concellos gobernados polo PPA gran maioría destes traballadores foron contratados a dedo estando pendente un proceso de selección desde hai 8 anos, non teñen nin sequera a titulación nin a categoría profesional para estar nesa praza que ocupan. Entre eles hai familiares e xente afín ó seu partido. Éstes mesmos traballadores, son moitos dos que estes días se adican a colgar carteis e pancartas, a repartir os votos e mesmo a facer de interventores e apoderados nas eleccións. Basta xa, de tanto amiguismo e favoritismo, mentres outros traballadores do Concello, que tamén presentaron unha demanda, saen perxudicados nesta Relación de Postos de Traballo, por non seguir a corrente da bancada popular.  Mentres, outros veciños están na casa estando moito máis preparados, coas taxas do proceso de selección do 2007 pagadas, e seguen esperando a súa oportunidade para poder traballar.“

Confiamos na Xustiza para que, ó igual que ocorreu, noutros Concellos se frene esta forma que ten o PP de xestionar os empregos, esta é a xestión da que presumen: rodéanse de amigos e non de xente válida para o posto que están a desempeñar, e despois non saben se o que lles chega do xuzgado é un Auto ou unha Sentencia, non saben se a teñen que cumprir ou non, non cumpren os prazos, conceden licencias irregulares,  non saben onde están os expedientes, desaparecen as licencias, non saben porque se lles embargan contas a hosteleiros, e fan directamente o que lles da a gana, porque non saben facer as funcións propias dese posto. Esperamos que a Xustiza lles explique que non se poden crear prazas a medida para os amigos e que impere o dereito de igualdade de oportunidades para todos“”

Anuncios

Un pensamiento en “El Ayuntamiento de Cambados tendrá que ir juicio por los enchufes de la nueva RTP

  1. Judicializa la vida política Luis Aragunde cuando hace de la ley un mero instrumento para hacer y deshacer a su antojo. Y trae en su slogan electoral honradez, cercanía, pero de discrecionalidad en las políticas de empleo y más amplio ni mentarlas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s