Denuncian una posible especulación urbanística en el Magariños

descargaNota de prensa– “O candidato á Alcaldía de Somos Cambados, Tino Cordal, reuniuse este luns coa directora do Colexio Público Antonio Magariños Pastoriza para facerlle chegar as propostas en materia educativa da plataforma veciñal e escoitar as demandas do colexio. Nos vindeiros días, o alcaldable de Somos Cambados tamén visitará os outros centros educativos da nosa vila.

Unha das cuestións na que máis se insistiu durante a xuntanza é a necesidade de habilitar máis espazos para as actividades docentes e deportivas. Neste sentido, existe certa preocupación no Magariños polo proxecto que pretende levar adiante o Concello nos terreos que ata o de agora veñen ocupando as casas dos mestres. De feito, tanto a dirección do colexio coma o Consello Escolar e a APA do mesmo queren coñecer de maneira detallada dito proxecto. Pois entenden que o espazo ocupado polas vivendas debe dedicarse exclusivamente a actividades docentes, académicas e deportivas; pensando sempre no disfrute do mesmo por parte dos nenos e nenas. Así, solicitan para ese espazo: unha zona de patio cuberta, unha pista deportiva, bancos e mesas de estudo, unha zona verde, unha horta e columpios. Ademais, piden que non se derruben dúas das casas para poder utilizalas como aula da natureza e almacén.

Somos Cambados comparte a preocupación do Magariños por ese proxecto do Concello, xa que non sería a primeira vez que en Cambados se utilizan terreos públicos cuxo uso previsto era cultural, escolar ou deportivo, como foi o caso do antigo campo de fútbol da Merced, para especular urbanisticamente.

A dirección do Magariños tamén lle trasladou a Cordal outras demandas do centro; tales como a necesidade de contratar outra persoa para realizar labores de limpeza no colexio, habida conta que é a mesma muller que fai de conserxe quen se encarga de limpar todo o centro. Ante esta escaseza de recursos humanos, as aulas só se poden limpar unha vez á semana.

Doutro lado, é asemade necesario arranxar e pintar as portas interiores, ou renovar a carpintería interior, pois a polilla está carcomendo ata os libros. Lembrouse ademais que a tarima flotante instalada no colexio foi pagada polo propio centro educativo.

Finalmente, a directora do Magariños e o candidato de Somos Cambados coincidiron á hora de sinalar a necesidade de convocar o Consello Escolar Municipal, incomprensiblemente esquecido polo goberno municipal, que leva moitos anos sen convocalo. Tamén se lembraron da Mesa Local  contra a Violencia de Xénero, que leva máis de dous anos sen reunirse, na que participaban as direccións dos centros educativos cambadeses, ademais de fiscais, avogados, persoal sanitario e gardas civís.

Dende Somos Cambados trasladáronselle as nosas propostas en materia de Educación que foron moi ben acollidas pola dirección do centro, como son entre outras: Instaurar unha Bolsa de axuda económica para acceso a estudos básicos, medios e superiores ou universitarios, Solicitar unha delegación en Cambados da Escola de Idiomas, Implantación dun Grao de Enoloxía en Cambados, Poñer en marcha unha aula-museo da natureza no Muíño da Seca, mellorar a sensibilización ambiental a través da promoción do reciclaxe, en especial cos nenos en idade escolar.”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s