Fátima Abal presenta sus propuestas para los más mayores

Fátima Abal presenta nuevas propuestas, y esta vez en relación con la tercera edad. 

“Os nosos maiores atravesaron durante a súa xuventude duras penurias, e hoxe en día seguen atravesando dificultades por culpa da perda do seu poder adquisitivo, tanto pola suba de impostos municipais, como polo pago de medicamentos, de próteses e de unha sanidade cada vez máis recortada que obriga en moitas ocasións a ter que acudir ós centros privados“.

 “Por iso, unha das nosas primeiras propostas será mediar para que os medicamentos para os pensionistas volten a ser gratuitos, para que os emigrantes retornados non sexan perseguidos como se fosen delicuentes e para que volten a ter todas as garantías que lles ofrece a Lei da Dependencia“

 Promoveremos que os nosos maiores teñan unha formación axeitada en todo aquelo que se propoñan, como en Internet, informática, música e idiomas. E para elo concertaremos cursos específicos para eles.

 Ademáis fomentaremos os carrís bici e os circuitos cardiovasculares, e serán debidamente informados a través das súas asociación dos beneficios para a saúde da práctica da actividade física así como dunha alimentación saudable.

 Impulsaremos un centro de atención a dependentes, con independencia da idade, e ampliaremos os servizos de axuda a domicilio para que os que así o desexen poidan ser debidamente atendidos nos seus fogares.

 Crearemos un Plan de Emerxencia Anticrise con reducción de tarifas e taxas para aquelas todas persoas que están atravesando dificultades e axudaremos, mentres non se elimine a medida, a todos aqueles que necesiten medicación de elevado custe, para que non teñan que deixar de tomala por motivos puramente económicos.

 Ademáis, promocionaremos músicos da vila e dos arredores, nos eventos e bailes da terceira idade, tanto na Merced coma na Casa do Mar, e coma nas parroquias, para que os nosos maiores disfruten do tempo de lecer, cada fin de semana. Colaboraremos tamén coas asociacións para que poidan realizar excursións e actividades  de ocio e disfrute para os nosos maiores e tamén colaboraremos con elas en todas as actividades que os nosos avós queiran levar a cabo.”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s