Según el BNG de Cambados “o PP ocultaba datos” de gastos del Albariño

IMG_9058Nota del BNG de Cambados: “A pasada semana tivemos a ocasión de comprobar como o PP non entende en que consiste iso do que tanto fala e chama transparencia. E sobre todo á transparencia referida á utilización dos cartos de todos e todas, que está a manexar. Estamos a falar do asunto das contas da Festa do Albariño que solicitamos o pasado mes de agosto, que se nos entregou no mes de novembro e que no mes de febreiro comprobamos como, ao BNG, se lle ocultou a verdade; é dicir, se lle mentiu. No seu momento, a petición de información económica (contas do Albariño 2014) era moi clara e o BNG a repite todos os anos considerando, ademais, que por falar de cartos públicos, a referida documentación  debería estar á vista de todos os veciños e veciñas.

Os datos sobre as contas do Albariño que nos facilitaron novembro, mostraban uns gastos totais de 251.082´62 € e o BNG sinalaba, naquel momento, que lle semellaba moi raro que non constaran, por exemplo, os gastos da habitual empresa de catering do Xantar do Albariño, o que nos levaba a desconfiar que, tal vez, tamén se “esqueceran” de apuntar outros gastos relacionados coa citada festa. E así foi. No pleno da pasada semana demostrouse que o PP ocultaba datos, pois  de súpeto apareceu un novo gasto de 42.256 € en festexos, onde a factura de máis de 5000 € de Pulpería Aurora, certas actuacións típicas desta festa e finalmente a resposta do alcalde, confirmaron as nosas sospeitas de que ao BNG non se lle entregou toda a información referida aos verdadeiros gastos ocasionados pola festa. Calquera se fía de gobernantes así…

O BNG non pode entender como o PP fai unha ocultación tan burda de datos que, ademais, sabe van ser públicos; mostran poucas luces nisto. Este modo de actuar non é casual e, polo tanto, demostra, por unha banda, un comportamento infantil, indigno da responsabilidade que esixe ser un  representante político elixido democraticamente e, por outra banda, o PP con este tipo de comportamentos está pedindo a berros deixar o goberno municipal do concello de Cambados.”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s