Preguntas del BNG de Cambados para el pleno local

logo_bng-370x3701

El BNG de Cambados presentó hoy en el Ayuntamiento una serie de preguntas para el próximo pleno del día 30 de octubre. El equipo de Luis Aragunde tendrá que responder ante los nacionalistas a las siguientes cuestiones: 

1.- Que nas inmediacións do centro de saúde hai unha serie de locais (centro de saúde, comercios, oficinas bancarias, praza de abastos …)  que xeran gran cantidade de residuos de papel e cartón e que ata hai un tempo dispoñían de contedor específico  para a recollida deste tipo de materiais. Hai aproximadamente un ano que o BNG preguntou, nunha sesión plenaria,  pola desaparición dos citados contedores e se lle respondeu desde o concello, que estaban sendo arranxados. Como entendemos que este é un lugar estratéxico para a recolección dos citados residuos, é polo que volvemos a preguntar cando se repoñerán os contedores de papel e cartón nas proximidades do centro de saúde?

2.- Nunha das últimas asembleas das mariscadoras da Confraría de Cambados votouse por primeira vez unha proposta sobre a posición que o colectivo tiña con respecto ao proxecto de construción das comportas para o Saco de Fefiñáns. Nesa asemblea e tras a votación, o colectivo de mariscadores  posicionouse, case por unanimidade, en contra da construción das comportas no Saco de Fefiñáns e, así mesmo, o novo Patrón Maior afirmou publicamente, que a Confraría apoiará esta decisión, polo que cremos que a Administración (Concello e Xunta) debería facer o mesmo; por iso  preguntamos se unha vez rexeitado o proxecto de construción das comportas no Saco polo sector marisqueiro afectado, seguirá o goberno municipal de Cambados apostando por levar adiante dito proxecto? 

3.- Que con data 26 de agosto o grupo municipal do BNG realizou unha serie de preguntas ou peticións, relacionadas coa celebración da pasada Festa do Albariño que, a día de hoxe, aínda non están contestadas e polo tanto volvemos a repetilas:

  • 1.- Gastos orixinados pola organización da Festa do Albariño 2014.
  • 2.- Axudas económicas facilitadas polas Administracións Públicas (diferentes Consellerías da Xunta e Deputación) para a organización deste evento (cantidades recibidas e orixe das mesmas).
  • 3.- Listado de convidados ao Xantar do Albariño (listado de todas aquelas persoas que asistiron ao Xantar convidados polo concello e a razón pola que foron convidados).

4.- No  pasado pleno, o BNG realizou dous rogos; un  sobre a modificación dun pequeno “badén”, situado entre dous máis grandes, no Camiño do Castro e o outro sobre a eliminación de estacionamento para mellorar a visibilidade viaria, na saída da rúa que ven de Burgáns e se encontra coa estrada PO-300, por ser un lugar de moita sinistralidade. Por iso o BNG  quere preguntar se o concello ten a intención de levar a cabo ámbalas propostas?

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s