“Menos festa e máis traballo”, reclama el personal de la piscina municipal de Cambados

53d911233e-2014-2007-2030-20piscina-20cambados-20002GALIZA CIG Despois de tres meses sen cobrar e con incertidume a respeito do seu futuro laboral, as traballadoras/es da piscina de Cambados reivindicaron hoxe pola mañá na xornada inaugural da Feira do Albariño o pagamento de máis de tres meses de atrasos por parte da empresa concesionaria, que continúa sen dar explicacións. O Alcalde do PP, que foi interpelado polas traballadoras/es á súa saída do Concello, respostou con evasivas e inconcrecións ás peticións de responsabilidade formuladas polas afectadas/os, que o seguiron polos stands ao berro de “menos festa e máis traballo”.

 As 17 traballadoras/es que conforman o cadro de persoal da piscina municipal de Cambados continúan a demandar o cobro de tres meses de salarios atrasados que lles adebeda a concesionaria, sen que por agora existan visos de solución, e sen que o Concello tome cartas no asunto.

Ante a imposibilidade de se reuniren coa empresa, o persoal está centrando os seus esforzos en lograr o apoio veciñal e das usuarias/os mediante a recolleita de sinaturas, así como na esixencia de responsabilidades ao propio alcalde de Cambados (PP), que xa ten recibido duras críticas por parte da oposición do BNG e PSOE pola súa inacción.

Hoxe mesmo, durante a protesta na inauguración da Feira do Albariño, lograban por fin falar co rexedor da vila, sen que este clarificase a folla de ruta para subsanar o conflito. Tras asegurar que “en 15 ou 20 días” vai revogar a concesión ao Grupo Pazos, e que “o día seguinte os traballadores/as van cobrar”, eludiu respostar se convocará un concurso ou mesmo se son certos os rumores de que a mesma empresa podería facerse de novo coa concesión mediante outro CIF -unha posibilidade que desde a CIG-Servizos cualifican de “escandalosa”-. A seguir, persoal e usuarios/as continuaron os cánticos reivindicativos arredor do alcalde, que, escoltado pola policía local, continuou a pasear pola Feira.

Resgate da concesión

A empresa ten expresado en varias ocasións a imposibilidade de continuar coa concesión por non conseguir facer frente ao sobre-gasto enerxético provocado por un buraco na cúpula, e que asumiu finalmente o Concello nunha contía de 100.000 euros anuais. Agora, fronte a proposta do Alcalde de revogar a concesión, a CIG-Servizos, alén de vixiar de perto o proceso perante as sospeitas dunha posíbel fraude, continúa a demandar o resgate do servizo “para evitar perdas maiores”.

“Son 17 postos de traballo de xente nova da comarca e un servizo público para cerca de 400 persoas”, insisten, ademais de advertir de que se é o concello quen vai sufragar os gastos dos arranxos “non ten sentido que logo entregue as instalacións a unha empresa privada para que sexa esta quen saque os beneficios”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s