Preguntas del PSOE de Cambados para el pleno local

b35hz33-

El PSOE de Cambados ha presentado esta mañana las preguntas para el próximo pleno, donde preguntará al alcalde Luis Aragunde  y a su equipo de gobierno sobre numerosas cuestiones. 

SOGAMA

1. – En relación coa suba do 34% do canon polo procesamento do lixo da empresa SOGAMA, consecuencia directa da reforma eléctrica e a retirada de bonificacións económicas ás enerxías renovables decidida polo goberno de Rajoy, o alcalde afirmou que ó concello asumiría esa suba. Nos presupostos do ano 2014 reflíctese unha cantidade de 100.000 € adicada a ese fin. Cantidade, que debido ós importes das facturas xa pagadas, pódese estimar insuficiente. Ademais, segundo o plan de viabilidade da auditora de SOGAMA, advírtese que será necesaria unha nova suba do canon, qué fórmulas estudiou o concello para reducir o impacto desa segunda suba?

2. – Cál será a cantidade que vai a ter que pagar cada fogar cambadés ó mes pola suba do canon de SOGAMA?

3. – Considera de recibo, que o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, califique de “algarabía“, a labor dos alcaldes que están a defender e reclamar aos seus veciños e veciñas pola suba abusiva e inxusta do canon do lixo?

4. – Entende, que é sostible económica e medioambientalmente o modelo de xestión de residuos de Sogama (baseado na incineración e no vertedoiro)? De considerar que non, cales son as solucións que propoñen?

 TURISMO

1.- Respecto á convocatoria do Inem para ocupar un posto de Técnico en Turismo no Concello de Cambados, onde foron publicadas as bases para este posto?

2.- Cales son os criterios polos que se escollía a unha u outra persoa se os exames foron diferentes?

3.-Por qué se fixo a entrevista persoal en diferentes linguas? Cómo se pode puntuar que unha persoa fala mellor en inglés que outra en francés, tendo en conta que a segunda fala o inglés tamén correctamente e a mairoes ten unha lingua máis?

3.-Teñen os componentes do Tibunal examinador un título acreditativo do coñecemento das linguas nas que se realizaron as diferentes entrevistas personais?

4. Cómo é posible que a persoa que acredita co seu currículo ter coñecemento de máis idiomas recibe menos puntuación que unha persoa que acredita coñecer menos linguas?

5.-Cómo pode esta mesma persoa sacar máis nota no exame escrito e logo menos nota na entrevista oral a porta pechada, na que se debe explicar o  xa escrito?

6. Por qué desde o Concello o día da entrevista se informa de que a persoa seleccionada fixo a entrevista persoal en alemán e logo ante unha reclamación escrita o Concello contesta que a entrevista se fixo en inglés?

7.- Soe ser habitual neste Concello este tipo de irregularidades e soe primar máis a nota da entrevista persoal a porta pechada que o propio exame de coñecementos por escrito?

8.-  A persoa seleccionada traballou xa nalgún momento  neste Concello ou nalgún outro?

 AENOTUR

1.- Quenes son os socios fundadores?

2.-Cantos socios de número ten a día de hoxe?

3.-Cantos colaboradores?

4.-Cantos socios de honor ten esta Asociación?

5.- Cando se vai elaborar o Plan Director de Densenrolo do Enoturismo?

6.- Cando se vai elaborar o Plan Internacional de Financiación e Subvencións?

 7.-Posto que carecemos de información algunha ó respecto, e son moi numerosas as preguntas, que temos sobre este tema podería o Grupo de Goberno informarnos dunha forma máis pormenorizada sobre este tema por escrito?

8.- Non como norma regrada, pero sí como norma de cortesía, podería en vindeiras ocasións, cando se trate de actividades tan importantes para o noso Concello, informar ós demáis concelleiros na fase de actuacións previas, para que non teñamos que enterarnos como sempre por fontes alleas ó Concello do que sucede en Cambados?

 ALIMENTOS AROSA

1.-É certa a noticia de que Alimentos Arosa foi comprada pola empresa Gorinver Salnés SL?

2.- Existe Proxecto de obra da empresa Gorinver Salnés SL no Concello?

3.- Cal é calificación do solo no que se atopa Alimentos Arosa?

4.- Está o terrreo afectado polo Plan de Protección do Conxunto Histórico Artísitico?

5.-Cales son as obras que van correr a cargo da Deputación de Pontevedra?

 AXUDAS

1.- Dado que o prazo é soamente dun mes, por qué esta axuda, a día de hoxe non foi aínda publicada na páxina web do Concello de Cambados, como se acordou con anterioridade respecto ás axudas municipais para universitarios?

2.- Esta axuda ten como finalidade de adquisición de libros de texto e material escolar e é incompatible con calquer outra axuda que puidera percibirse para a mesma finalidade,  tendo en conta que este ano a axuda da Xunta é únicamente para a adquisición de libros de texto e non é válida para o material escolar, quere isto dicir que a axuda municipal sí é compatible coa axuda da Xunta?

3.- Poderían as familias solicitar as dúas axudas e destinar unha á compra de libros e a outra á compra de material?

COMEDORES DE VERÁN

1.-Ten o Concello algunha iniciativa que conteña as medidas e recursos suficientes para garantir que as familias con menores ao seu cargo, e se atopen en situación de necesidade, teñan cubertas as súas necesidades básicas de alimentación, xa que  os servizos de comedores escolares permiten mitigar esta realidade durante o curso escolar, pero atopámonos ante o final de curso no que esta necesidade pode quedar desatendida ao pechar o centro escolar, e por tanto o servizo de comedor?

2.-Ten o Concello previsto poñer en marcha un “Plan de apoio á Alimentación Infantil”, como o proposto polo PSOE, que garantice a apertura dos comedores escolares da localidade durante a temporada estival dirixida a nenos e nenas en risco de exclusión social, dende o 1 de xullo ata o comezo do próximo curso escolar?

MEDIO AMBIENTE

1.- Contratou o Concello a algunha persoa que mediante un tractor estea realizando tarefas de limpeza de herbas e maleza no rural?

2.- Cando se van realizar as tarefas de limpeza de herbas da Estación de Autobuses que dan unha pésima imaxe ó centro de Cambados?

3.- Na Avenida do Salnés, a maleza dalgunhas fincas invade a acera e impide ós peatóns ir pola mesma, o mesmo ocurre na Avenida Rosalía de Castro, e na Avenida de Vilagarcía, levan así prácticamente todo o inverno, cando se vai resolver esta situación para que a xente poida camiñar pola acera e non pola estrada?

 NORMATIVA DE FESTEXOS

1.-Con respecto á  nova normativa  (Lei 9/2013, de 19 de Decembro, artigo 41, apartado c)), que regula a concesión de permisos para a organización de  espectáculos públicos, informou o Concello ás comisións de festas das parroquias desta nova normativa?

2.-Nesta Lei se lles obriga a presentar un proxecto, asinado por técnico competente, no que se determine o axuste das festas á normativa urbanística e sectorial, e que estableza determinacións sobre prevención e seguridade en incendios. Tamén teñen que presentar, entre outra documentación, plan de emerxencias, plan de auto protección, estudo da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria.

Xa se está aplicando a Lei?

Ten pensado este Concello algunha  fórmula de aplicación menos complexa e custosa que a recollida no artigo 41 c) desta nova normativa?  

3-Posto que se trata dun trámite que conlevará un gasto extra que moitas Comisións non poderán asumir,  vai colaborar  o Concello coas Comisións tanto de xeito económico como para facilitarlles a presentación da documentación que deben achegar?

4.- Fixo este Concello alguna manifestación pública en contra desta normativa tan complexa?

 

 

 

 

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s