Juan Galiñanes impartirá un taller de cine en Cambados

Biblio1A biblioteca municipal Casa dos Fraga, xunto coas axencias de lectura das parroquias ofertarán un amplo abano de obradoiros e xogos polas mañás, de luns a venres, 10.00 a 14.00 horas, para escolares dende 1º de primaria. 

Na Casa dos Fraga realizaranse obradoiros gratuítos de línguas (inglés e francés), así como as actividadesEnREDamos cos ordenadores  e Creamos un blog na Biblio para que se divirtan mentres que amplían os seus coñecementos na informática, a internet e a mecanografía. Haberá tempo tamén  para o apoio escolar con Repasamos no Verán. E dado o éxito deste inverno volverá a levarse a cabo L-emos!, un obradoiro para dinamizar a lectura en papel e coas novas tecnoloxías (a través da internet e de libros electrónicos) dirixida a lectores principiantes, todavía coa “L” ás costas.

Ademais, e con vistas a ampliar a oferta, poderán ter a opción de inscribirse en talleres de pago (cun pequeno custo) moi singulares como:

-Talleres ambientais, a través dos cales  poderán elaborar xabóns, perfumes, sales de baño, colorantes naturais.

-Un Taller de Risoterapia, Entre risas e contos!, no que como o seu propio nome indica os nenos rirán a cachón á vez que descobren lecturas cómicas.

-Continuarase co taller de  Xadrez, dada a boa acollida dos últimos anos.

-Taller de capacidades co que os nenos, por medio do ábaco, desenvolverán as súas habilidades artiméticas, de concentración e creativas.

-E un Taller de cociña doce baseada nos contos que leva por nome Doces de conto!, que se realizará na aula de catas do Salón José Peña durante os luns de xullo e agosto, no que se elaborarán cupcakes,brownies, xeados e batidos de froitas aderezados cunha manchea de contos!

Ademáis, ofertaranse os seguintes talleres subvencionados ao 100% polo Concello:

-Taller de teatro, todos os luns de xullo e agosto O lapis máxico de Teatro Buratini, grazas ao programa Ler Conta Moito.

-Talleres creativos con vides e cortizas, grazas ao proxecto Música con D.O., no que se achegará aos rapaces o mundo da viticultura e o enoturismo do xeito máis creativo.

-Taller de cine infantil Pequeno Spielberg, co que os nenos aprenderán Stop motion, efectos especiais, inversión da velocidade, maquillaxe, produción cinematográfica… dirixidos polo realizador cambadés Juan Galiñanes.

-No que respecta aos Centros Culturais das parroquias, os escolares participantes contarán coas mesmas actividades gratuítas diarias, e continuarase coa práctica de Tenis de Mesa.

Este verán, dada a boa acollida do ano pasado, tamén se ofertará, máis ampliada e sen custo algún, A Biblioteca Viaxeira: trátase dunda serie de saídas e actividades nas que os nenos da bibilioteca “viaxan” seguindo personaxes reais ou ficticias da nosa cultura. Levaranse a cabo as seguintes:

 -O venres 4 de xullo, a biblioteca fará unha visita con Guimatur polo porto de Tragove para coñecer o seu traballo e rematarán co espectáculo O murmurio do mar de “A Xanela do Maxín”, no parque  de Torrado (grazas ao programa Ler Conta Moito)           

-O venres 1 de agosto a viaxe será a través dos filmes coa actividade Unha biblioteca de cine!        

-O venres 8 de agosto realizaremos unha Andaina dende o monte d`A Pastora ata o río Umia e faremos un avistamento de aves.

-O venres 22 de agosto a biblioteca visitará os postos de artesáns participantes na Feira que dará a coñecer os seus oficios e as súas obras en cesteiría, pedra, vidro, prata, etc.

-E por último, o venres 29, farase unha visita á Fundación Manolo Paz en Castrelo, coa que o escultor dará a coñecer a súa singular obra ós participantes nas actividades do verán.

As inscricións levaranse aos colexios nos vindeiros días, e poderán entregarse a partir do 19 de xuño polas mañás na Casa dos Fraga en horario de luns a venres, de 9.30 a 14.00 horas, e a partir do 1 de xullo nos respectivos centros culturais.

Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986520008, ou no 986 520902, extens. 764 e 765.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s