Víctor Caamaño, artículo para el primer aniversario de esta web

215497_1551554923400_4109108_nParabéns!: un ano con “Alza la Voz Cambados”

 Hai un ano que en cambados se incrementou a “biodiversidade” na rede coa aparición do Blog “Alza la Voz Cambados”. Hoxe debemos resaltar, principalmente, a regularidade no traballo e a pervivencia deste medio de comunicación en internet, pois é unha demostración do esforzo e da constancia mostrada  polas persoas que fan posible, día a día e de xeito altruísta, que a información chegue regularmente a todos os cambadeses e cambadesas. Consideramos que  “Alza la Voz Cambados” é un medio de información riguroso e que, polo que levamos comprobando este último ano, dispón de boas e fiables  fontes de información. Somos afortunados desde este punto de vista.

En Cambados podemos considerarnos privilexiados por contar con bos medios de divulgación en internet que facilitan a todos os veciños e veciñas un coñecemento moi amplo e estrito das cousas que ocorren no noso pobo. Ademais, o BNG agradece contar con estes medios de comunicación porque facilitan a divulgación das súas actuacións políticas podendo chegar a un gran número de persoas ás que doutro xeito sería imposible acceder.

Hoxe queremos dar a noraboa a “Alza la Voz Cambados” polo seu primeiro aniversario. Agardamos  seguir contando con este excelente blog, por moitos anos, porque nos informa e porque tamén nos axuda a trasladar, á cidadanía, o noso traballo. Animamos ao equipo que constrúe e dirixe este blog a seguir na coherente liña de traballo mostrada desde o seu inicio pero tamén os animariamos a que as súas páxinas foran no futuro, á vez que informativas, un lugar de promoción da  lingua galega.

O BNG de Cambados deséxavos os parabéns neste primeiro aniversario.

225

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s