La Guardia Civil requisa 2.275 quilos de marisco

image_galleryAxentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, colaboraron hoxe nun operativo da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra que se saldou co comiso de 2.275 quilos de marisco. Esta mercadoría foi requisada porque non estaba debidamente documentada.

O operativo, organizado pola Garda Civil, tivo lugar de madrugada e nel participaron un total de 6 axentes da Benemérita que, tras deter o vehículo que transportaba o marisco, contactaron co Servizo de Gardacostas, que incorporou ao operativo a outros 5 axentes que se fixeron cargo da mercadoría comisada. O lugar no que se desenvolveu o operativo foi a peaxe de Curro da autoestrada AP-9, no termo municipal de Barro.

O marisco comisado é ameixa xapónica procedente de Portugal con destino descoñecido. Ademais do comiso, os axentes incautáronse tamén do vehículo que transportaba a mercadoría, que foi trasladada posteriormente ao Instituto Galego de Formación de Acuicultura (IGAFA), da Consellería do Medio Rural e do Mar. O obxectivo é o de conservar a mercadoría e analizala para comprobar se pode ser resementada nalgunha praia con todas as garantías.

O operativo enmárcase nos traballos de control da baixamar nas praias, descargas e comercialización e transporte nos portos e estradas da provincia de Pontevedra e ven sumar unha nova acción na loita contra o furtivismo que desenvolven as forzas e corpos de seguridade do Estado e de Galicia.

Dende as autoridades autonómica e estatal lémbrase á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso se fai un chamamento ao consumidor para que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s