Cores Tourís y Luis Aragunde visitan la depuradora La Sirena de Cambados

image_galleryO delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, en compaña do alcalde de Cambados, Luis Aragunde, a depuradora de moluscos La Sirena para coñecer a investigación preindustrial de sistemas innovadores para a mitigación das toxinas diarreicas no mexillón que está a desenvolver esta firma cambadesa e no que colaborou a Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta-Peme 2013 da Consellería de Economía e Industria.

Nesta visita estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, Ignacio Rial, así como pola xerente da firma, Lina Solla e o director financeiro da empresa, Gonzalo Molpeceres.

De feito, a xerente destacou que “neste proxecto, denominado Mitigán, colaboraron, como socios, outras tres empresas (Peloides Termales, Caolines de Vimianzo eCientisol) ademais da Universidade de Santiago de Compostela como centro tecnolóxico”, explicou o xerente da firma, quen destacou que, en total, investíronse 714.000 euros neste proxecto de investigación, “dos que o 60% corresponderon a axudas autonómicas”.

A través da iniciativa Mitigán, “buscamos eliminar a toxina mediante arxilas e resinas”, explicou Solla, quen engadiu que, “a maiores, enfocamos esta solución a través dun enfoque medioambiental, dándolle alternativas aos residuos finais a través da súa comercialización tras un proceso de tratamento dos mesmos”.

Cores Tourís recordou que o programa Conecta-Peme foi posto en marcha pola Axencia Galega de Innovación “coa finalidade de fomentar e vertebrar as políticas de innovación e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de I+D+I”

O programa Conecta-Peme ten como obxecto incrementar a capacidade científico-técnica do tecido empresarial galego en áreas estratéxicas, fomentando a cooperación público-privada a través do financiamento de proxectos empresariais de I+D en cooperación entre pemes. “Estes proxectos deben estar orientados ao desenvolvemento de tecnoloxías novas que supoñan un importante avance para Galicia pero que conten, a súa vez, proxección económica e comercial a nivel internacional”, engadiu o delegado territorial.

Precisamente a xestión innovadora de recursos naturais é unha das protagonistas da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), tanto de cara a valorización dos recursos do mar, como a modernización da acuicultura, do sector pesqueiro e a mellora da obtención de enerxía a partir dos recursos naturais.


Outros proxectos de innovación

Na actualidade, La Sirena tamén está a traballar noutros proxectos de innovación como é a purga de mar para detección temperá de algas con toxinas nas rías e novos procedementos para desinfeccións de instalacións.

“Ademais de solicitar a colaboración da Axencia de Innovación tamén nos presentamos a liñas de axuda da Consellería de Medio Rural e Mar, para o desenvolvemento de dous proxectos de sistema de envasado de produto fresco en atmosfera protectora mediante bandexa e tamén mediante bolsa”, explicou a xerente da empresa, quen matizou que estas axudas superaron os 1,2 millóns de euros.

Mariscos Linamar S.L. é a empresa matriz do grupo do que forma parte a depuradora La Sirena. Naceu en 1998 co obxectivo da distribución de mariscos en todas as súas vertentes ao mercado nacional e internacional. Na actualidade están a apostar, ademais de polo mercado nacional, polo estranxeiro, con exportacións a Francia, Portugal, Italia, Alemaña o Suíza.

“O noso produto”, segundo apuntou Lina Solla, “é o molusco fresco previamente depurado seguindo os controis sanitarios máis estritos”. Asegura que a filosofía do seu grupo “fai que sexamos unha das empresas máis modernas do sector, cunha superficie de máis de 7.000 metros cadrados e coa introdución dos sistemas HACCP”. A empresa conta cunha facturación de 7,7 millóns de euros anuais e unha plantilla fixa de 40 traballadores “que chega a aumentar ata 70 en determinados momentos do ano”, rematou a xerente de La Sirena.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s