El BNG de Cambados pide que se incremente la partida para becas

 263655_248734291809955_2602129_nEXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nos últimos tres anos, como consecuencia da crise económica e das políticas neoliberais aplicadas,  o poder adquisitivo das familias caeu 10´5 puntos e, á vez que sucedía isto, o desemprego non deixou de aumentar. Esta situación afectou seriamente á economía familiar, de xeito que cada día, as familias, teñen máis dificultades para cubrir as súas necesidades básicas diarias. Así mesmo, estas dificultades vense incrementadas ata límites insostibles cada vez que unha familia debe enfrontarse con gastos extras como, por exemplo, a compra de libros de texto e material escolar a comezos de cada curso.

Ademais comprobamos como no ensino obrigatorio (educación primaria e secundaria) pasouse, en poucos anos, dun sistema gratuíto de préstamo de libros de texto para todo o alumnado a un sistema que desprotexe á gran maioría dos alumnos/as, tendo que asumir as familias o gasto tanto para a adquisición de material escolar coma de  uso de comedor (que tamén diminuíu  a súa  cobertura pública nestes últimos anos), nun momento no que a economía familiar pasa por unha situación tremendamente delicada.

O BNG leva anos solicitando que a concello bote unha man ás familias, aumentando a cantidade e cobertura das bolsas de ensino. Nesta liña, o concello de Cambados publica, periodicamente no mes de agosto, no BOP de Pontevedra, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de ensino, as cales inclúen exclusivamente, axudas económicas  a estudantes que cursen estudios universitarios ou ciclos formativos de grao superior  fora da comarca, non tendo en conta ningún tipo de axudas para o ensino primario, ESO, bacharelato, ou ciclos formativos de grao medio.

Resulta difícil comprender, por exemplo, porque un alumno/a que estude un Ciclo Superior fora da comarca pode acceder a unha axuda municipal para transporte e non existan este tipo de axudas para o alumnado que cursa Ciclos Medios fora da comarca, cando van a ter os mesmos gastos ca os do superior.

Ademais hai que ter en conta que a compra de libros de texto e material escolar que deben afrontar os pais e nais  ao comezo do curso, supón un gran esforzo económico para moitas familias cambadesas; esforzo que podería suavizarse con algún tipo de axudas por parte do concello.

No pleno ordinario  de agosto de 2013, o alcalde afirmou que tería en conta a proposta do BNG de incrementar as bolsas de ensino, mais sen aclarar en que consistiría esa modificación. Por esa razón o BNG, no mes de setembro de 2013, solicitou que se convocara a Comisión Informativa de Educación para que os representantes dos diferentes grupos políticos  fixeran  as súas propostas  para a ampliación e adecuación das bolsas de ensino á realidade social actual; aínda que a día de hoxe, o BNG, non recibiu resposta algunha a esa petición.

Por todo iso, o grupo municipal do BNG, solicita do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte

1.- Incrementar a partida orzamentaria municipal destinada a bolsas de ensino.

2.- Aumentar a cobertura de bolsas de ensino aos seguintes  niveis educativos:

  • Educación Primaria  (finalidade da axuda: material escolar e comedor)
  • ESO e Bacharelato (finalidade da axuda: material escolar)
  • Ciclos de Formación Profesional de Grao Medio (finalidade da axuda: transporte)

3.- Manter as actuais axudas por transporte aos Ciclos de Formación Profesional de Grao Superior e Universidade.

 4.- Adiantar a publicación das bolsas de ensino, no BOP, ao mes de xuño.

 5.- Dar promoción e publicidade á existencia das bolsas de ensino municipais a través de diferentes canles: Web Concello, prensa, direccións e secretarías dos centros de ensino, anpas …

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s