Invertirán 800.000 euros en mejorar el campo de O Pombal y el pabellón del I.E.S Ramón Cabanillas

instalaciones_dep_3A Deputación de Pontevedra, a Consellería de Cultura e o Concello de Cambados investirán preto de 800.000 euros na mellora de instalacións deportivas da zona do Pombal, en Cambados, segundo foi aprobado onte na xunta de goberno da institución provincial.

As obras, que serán froito dun convenio entre as tres institucións, consistirán nunha nova instalación de herba artificial no campo de fútbol, na ampliación das súas gradas para que poidan acoller eventos e campionatos, no peche da pista de tenis, e na remodelación integral do pavillón polideportivo localizado no IES Ramón Cabanillas da Xunta de Galicia.

O importe destas actuacións ascende a 789.343 euros. Deles, 771.374 serán achegados pola Deputación de Pontevedra e corresponden á execución da obra. A institución provincial licitará, dirixirá, executará e recibirá os traballos.

A Consellería de Cultura, pola súa banda, achegará os 17.968 euros que costa o proxecto técnico, porá a disposición o pavillón do instituto e compromete a súa utilización por parte do Concello para actividades deportivas ou culturais que se celebren fora do horario escolar.

O Concello de Cambados, finalmente, contratará o proxecto técnico, porá a disposición os terreos precisos para as obras así como os correspondentes permisos e manterá tanto o campo de fútbol como a pista de tenis, unha vez rematados os traballos.

A intervención das tres institucións no complexo deportivo de O Pombal faise necesaria en vista da antigüidade das instalacións e das deficiencias que presentan. O complexo comprende fundamentalmente dúas instalacións: dun lado, un campo de fútbol de herba artificial e unha pista de tenis, de titularidade municipal, e doutro, dun pavillón polideportivo localizado no IES Ramón Cabanillas pertencente á Xunta de Galicia.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s