El temporal obliga a activar la alerta roja en todo el litoral gallego

Bfqf5mPCUAAczErA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia informa dun temporal costeiro que afectará a todo o litoral galego a partir desta medianoite e que irá aumentando ao longo do día de mañá, ata acadar o nivel vermello de alerta, con ondas superiores aos 10 metros de altura.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) na zona noroeste e oeste da Coruña e na Mariña de Lugo esperanse a partir das 00.00 horas ventos de Forza 8-9 e ondas de 5 metros que irán aumentando paulatinamente de altura. A partir das 7.00 horas o temporal acadará o nivel vermello de alerta, con ondas que poderán superar os 10 metros de altura. Ademáis, o vento continuará soprando con Forza 8-9 ata o final da tarde.

Pola súa banda, no suroeste da Coruña e en todo o litoral de Pontevedra o temporal comezará a partir das 3.00 horas, con ondas de entre 5 e 8 metros –nivel laranxa- para posteriormente, en torno ás 10 da mañá, pasar a nivel vermello, con ondas de máis de 9 metros de altura e moi frecuentes.

O punto álxido desta situación de ventos intensos e forte oleaxe en toda a costa darase na tarde-noite de mañá, luns 3 de marzo, momento que coincidirá ademais coa marea alta -en torno ás 18:00 horas- polo que se pide que se extremen as precaucións ante o mal estado do mar. Esta situación manterase ata a madrugada do martes día 4 e posteriormente irá remitindo.

Laranxa por vento
Ademais deste temporal no mar, a AEMET tamén deu aviso dunha alerta laranxa por vento que afectará a partir das 6.00 horas ao noroeste da Provincia da Coruña e á zona da Mariña lucense, onde ao temporal costeiro haberá que engadirlle o forte vento de compñente oeste, con refachos de 100 km/h.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación as todos os concellos costeiros; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Recomendacións á poboación
Por mor da alerta vermella na costa, desde a Consellería do Medio Rural e do Mar aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Así mesmo, tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar.

Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes contornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.

É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso.

Prevención en terra
Así mesmo, debido aos refachos de vento en terra, desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior quérese insistir á poboación da importancia de seguir as medidas de protección como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras ou circular con precaución nas estradas, especialmente se utilizan vehículos lixeiros como bicicletas ou ciclomotores.

Por último, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias-112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s