El BNG pregunta por la “bochornosa” imagen que dio el concejal del PP que se durmió en pleno municipal

  • PREGUNTAS:

1.- Con motivo dos continuos temporais que estamos a padecer este inverno, quedou ao descuberto e desprotexido parte do xacemento arqueolóxico da torre de San 1533862_10152186939279560_1314708673_nSadurniño, polo que preguntamos se o concello realizou algunha petición á Xunta de Galicia, como organismo competente neste asunto, para escavar e estudar este xacemento? En caso afirmativo; houbo algunha contestación por parte deste organismo? En que sentido?

2.- Hai algo máis dunha semana, un grupo de máis de 100 veciños e veciñas da Modia, presentaron un escrito no rexistro do concello de Cambados no que solicitaban á Alcaldía que foran atendidas as súas demandas relacionadas cos anegamentos continuados da rúa do Campo da Modia onde viven, e o concello, segundo os medios de comunicación, comprometeuse a arranxar o citado problema, polo que preguntamos en que van a consistir, de xeito detallado, ditas obras e cando se van a realizar?

3.- Que no Paseo da Calzada, que forma parte importante do Conxunto Histórico Artístico do noso concello, colocáronse hai pouco tempo, unha serie de esculturas e pezas en pedra, polo que preguntamos se existe un informe favorable de Patrimonio que avale dita ubicación?

4.- Que, desde hai uns días, o centro cívico Gumersindo Márquez, de Oubiña, encóntrase pechado polo que queremos saber cal é o motivo desta situación?

  • ROGOS:

1.- Que ante a “bochornosa” imaxe dada por un concelleiro do PP que quedou durmido no pasado pleno ordinario, rogamos ao Señor Alcalde que faga todo o posible  porque non se volva a repetir dita situación entre os/as concelleiros/as do seu grupo político.

2.- Que o Monte da Pastora está a dar, cada día que pasa, unha imaxe de maior abandono, polo que rogamos se realice unha limpeza máis frecuente deste contorno e se erradiquen as plantas invasoras (“herba da pampa”) que están a proliferar neste lugar.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s