Cores Tourís visita Cambados para conocer las mejoras realizadas en una empresa

image_gallery(Nota-Xunta de Galicia) O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o Concello de Cambados para coñecer as melloras executadas na planta da empresa Svenska Bearing Española S.L. grazas ás axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial cofinanciados con fondos FEDER.

Nesta visita estivo acompañado polo alcalde de Cambados, Luis Aragunde, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, Ignacio Rial, así como polo presidente da firma, Nils Bokedal, a directora xeral da mesma, Sandra Bokedal e varios representantes máis da empresa.

O delegado territorial puido así coñecer a ampliación de maquinaria e bens de equipamento que levou a cabo esta firma, apoiada a través das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica e que supuxo un investimento global de case 881.000 euros dos cales 96.900 procederon de fondos FEDER, é dicir, o 11%. O obxectivo da firma foi a compra dun novo torno vertical e doutro horizontal, dun centro de mecanizado e dunha cámara de chorreado mediante aire comprimido con recuperación automática do abrasivo. Tal e como apuntou o presidente da firma, Nils Bokedal, “estamos a traballar coa vista posta na ampliación das nosas instalacións en Sete Pías”.

Segundo apuntou Bokedal, “os tornos vertical e horizontal así como o centro de mecanizado vertical foron instalados neste centro de Sete Pías, en Cambados, mentres que a cámara de chorreado será colocada nunha das nosas naves no Porto de Tragove”.

Como puido coñecer Cores Tourís, Svenska Bearing S.L. é unha das principais fabricantes de chumaceiras e cascos de bucina lubricados por aceite. A punto de cumprir 25 anos de existencia (fundouse en 1989), conta con 36 traballadores e un volume de negocio de entre 7,5 e 9 millóns de euros ao ano.

A súa produción destínase ao 100% á exportación, en especial a países de Centroeuropa, norte de Europa e Asia, directamente a multinacionais.

O seu produto máis innovador é o Complete Water Quality System, pensado para que nun futuro substitúan as bucinas lubricadas con compostos derivados do petróleo. “Esta novidade foi desenvolvida durante os últimos tres anos nas nosas instalacións en colaboración con empresas de enxeñaría alemáns e suecas”, engadiu Bokedal

O Complete Water Quality System, está composto por unha bucina con cascos de plástico, peches interiores e exteriores, un WaterQualitySystem que a súa vez componse dun tanque presurizado, bombas e sensores e permite que a bucina sexa lubricada polo WQS-LubeTM, “que é un produto respectuoso co medioambiente, que conta coa certificación de laboratorios internacionais, e que supón cuantiosas melloras con respecto a las bucinas lubricadas só por auga.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s