Presentan en Cambados “Panos Brancos contra a Droga” una actividad para que los jóvenes se enganchen al deporte

Panos brancos1O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, acompañou ó vicepresidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Lorenzo Santos, ó xerente da mesma, Fernando Alonso, e mais á profesora de Educación Física do Institutro Castro Alobre de Vilagarcía, Margarita Bandera, na presentación da campaña “Panos Brancos contra a Droga” que este ano, por vez primeira, vaise celebrar en Cambados por mor do carácter itinerante que se lle vén dando a esta actividade deportiva e preventiva.

Dez institutos  de ensino medio da comarca, petencentes ós municipios de Cambados, O Grove, Vilanova, Vilagarcía e Ribeira, compiten nas modalidades de fútbol 7 e baloncesto co obxectivo de que os estudiantes se enganchen ó deporte e rexeiten sustancias adictivas.

O alcalde suliñou que Cambados apoia cen por cen este tipo de iniciativas de prevención da FGCN, posto que “as consecuencias do tráfico de drogas foron e seguen a ser moi negativas, e a resposta debe involucrar a toda a sociedade”.

Para a Fundación, este torneo deportivo que se celebra nas instalacións do complexo deportivo do Pombal serve para impulsar a actividade física como un factor de protección fronte ás drogas, igual que o ocio saudable.

O torneo deportivo forma parte da campaña de sensibilización social Panos Brancos contra a Droga, que a Fundación promove e organiza dende fai oito anos dándolle un carácter itinerante para que se vaian agregando distintos concellos.

Ademais de fomentar a práctica deportiva como arma para combatir o consumo de estupefacientes, o torneo Panos Brancos pretende promover entre a mocidade comportamentos e hábitos saudables; difundir os valores asociados á práctica deportiva; incrementar o rexeitamento ó narcotráfico; e aumentar o grao de concienciación e sensibilización social para implicar a toda a sociedade na tarefa de diminuir o consumo de drogas e o narcotráfico en Galicia.

A competición deportiva dispútase este venres, de 10 a 13,15 horas, no pavillón e campo de herba artificial do Pombal. Cada insituto participante presenta un equipo de fútbol 7 e outro de baloncesto integrados por estudiantes de ESO. A organización estará coordinada polos responsables de Educación Física dos centros.

Nos actos de apertura os deportistas participantes asinarán unha gran Bandeira Branca contra a Droga. Trala disputa dos distintos encontros, que terán máis carácter amigable que competitivo, procederase á clausura coa entrega de trofeos e agasallos ós participantes.

De xeito paralelo ó torneo, pódense realizar diversas actividades nos centros educativos que se suman á campaña. A FGCN remitirá información e material didáctico para traballar nas aulas, tanto o profesorado como o alumnado.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s