El BNG denuncia que “A película do Saco segue o guión escrito e deseñado polo PP “

Tragove-Cambados-_-Puerto-pesquero_-Visita_articlefullNota de prensa del BNG– Onte eramos coñecedores, polos medios de comunicación, que xa se constituira a chamada comisión de seguimento para as comportas de regulación do Saco de Fefiñáns. Polo tanto, volvemos a comprobar a “eficacia” do PP para impoñer as cousas que realmente  lle interesan, mentres que as  realmente importantes para a maioría, o saneamento do Saco, retrásase eternamente sen que mostren un mínimo interese.

A situación que se está a vivir con respecto ao Saco comeza a rozar o ridículo. Primeiro polo derroche de cartos públicos para facer unha obra que non beneficia máis ca o PP. Unha obra que ademais, segundo afirman, non entrará en funcionamento ata que o Saco sexa zona B; situación que vemos moi lonxe, de seguir a este  ritmo o proxecto de sanemaneto. Porque xa hai comportas, xa hai comisión para as comportas, pero do sanemaneto nin se sabe. É dicir, para o que lle interesa ao PP, moita planificación, e para o que lle interesa á maioría, parálise total.

Ademais vemos que o PP segue a mentir, descaradamente, neste asunto ao afirmar que a prioridade das comportas vai ser o marisqueo na zona, pois se realmente pensaran isto, o prioritario sería o saneamento para que se puidera explotar o banco marisqueiro. Ademais o BNG lle recorda ao PP que a construción das comportas é unha proposta electoral  para converter a zona do Saco nun lugar de teóricos “deportes náuticos” (iso dicía a súa propaganda electoral) e que empezaron a camuflar, esta proposta, baixo a escusa do marisqueo ante a presión creada polas esixencias das mariscadoras e ante as denuncias públicas do BNG. Así mesmo, o PP impediu, desde o primeiro momento, que se realizara un estudio de impacto ambiental que demostrara os efectos que esta obra tería sobre o banco marisqueiro. Por iso non queremos que agora nos conten historias (“o importante é o marisqueo”) que pouco teñen que ver coa realidade (“o importante é o PP”).

En fin, a “película” do Saco segue o guión escrito e deseñado polo PP desde o principio; un guión que nada ten que ver coa defensa do marisqueo no  Saco e cos postos de traballo directamente relacionados con este sector produtivo prioritario no concello de Cambados

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s