“Mais sensibilidade e menos hipocrisía” Solicitan un cambio de las ayudas a los estudiantes con pocos recursos

grafica becas cambados Nota  de prensa de ANOVA CAMBADOSConsideramos que é inxusto que os alumnos que non obteñan unha nota media superior o 6,5 non poidan obter a axuda de estudios xeral e que os alumnos que obteñan unha nota media entre o 5,5 e o 6,5 so se lles abone o custo da matricula, cando esta reforma foi aprobada no mes de Agosto, e no que a maioría de alumnos xa tiñan feitas as matriculas.

 Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista no Concello de Cambados queremos amosar publicamente o noso desacordo coa nova regulación das Becas modificadas no pasado mes de Agosto polo ministro WERT, no que un alumno que non obtivera unha media superior o 6,5 non poida optar a unha beca de estudios, e no caso de obter unha nota media o curso anterior entre 5,5 e 6,5 so teñan acceso a axuda dos custes da matricula, xa que estes cambios de criterios de adxudicación de axudas publicas o estudio, foron feitos cando moitos destes estudantes xa tiñan feita a matricula nos centros onde están a cursar os estudios.

 Nos consideramos que na actual situación que estamos a vivir, con preto de 1.700 cambadeses en situación de desemprego, moitos deles sen recibir xa ningún tipo de ingreso fora das prestacións de tipo social, e no que moitos poden ter fillos estudando e afectados por este novo marco normativo, o Concello de Cambados debería ser quen de sacar unha ordenanza municipal para que, sempre previo informe do departamento de asuntos sociais municipais, actuara en cada caso concreto, e  axudar aqueles estudantes que estando no seno dunha unidade familiar con escasos recursos se atopen dentro desta situación. Dende o noso punto de vista, ningún veciño debería verse privado do dereito a realizar ou rematar uns estudos por un simple factor económico, e recordámoslle o Partido Popular que os factores académicos  xa os estipulan as propias normas educativas, marcando cales son as notas ou créditos precisos para conseguir un titulo medio ou superior.

 Para o Grupo Local de Anova – I.N de Cambados, as circunstancias actuais indican que o Concello debería facer unha aposta forte tanto na partida de Becas de Estudos como nas de fins benefico-asistenciais. Non pode ser que  a pesares e chegar a un acordo no Pleno Municipal de Agosto do ano pasado coa oposición de modificar as bases das axudas municipais ao estudio, a dia de hoxe inda non se establecera a ordenanza municipal, e se espere o mes de Abril ou Maio, xa preto do remate do curso escolar para sacar este tipo de axudas. Isto ademais evidencia o xeito de funcionar actualmente a política municipal cambadesa, onde os acordos parecen ser sempre de cara a galería, sen que haxa un seguimento e unha intención posterior de facelos cumprir.

 Este tipo de axudas, relativas os estudantes afectados polo decreto do señor Wert,  saíron adiante no Concello de Ribadumia grazas a unha  iniciativa do Concelleiro de Anova, Enrique Oubiña, e fixéronse publicas no mes de Setembro, a principio do curso académico, pero en Cambados en troques vemos que apesares das boas palabras do Partido Popular no pleno de Agosto, e de chegar a un acordo cos partidos da oposición de que se ían modificar a ordenanza municipal e ter en conta as actuais circunstancias, a dia de hoxe non se fixo nada do prometido.

 Hai que salientar que dende Anova Cambados temos constancia de estudantes afectados por esta medida,  que si foran veciños de Ribadumia terían axuda do seu Concello, pero parece que en Cambados non interesa axudar os nosos mozos e mozas, xa que cada ano a pesares de ter a mesma partida orzamentaria, o gasto real en Axudas de estudio diminúe, ao contrario do que sucede coas axudas ao estudio dos fillos dos empregados municipais.

 Os datos ademais revelan a mala gobernanza do Concello de Cambados:

–  ¿Pode alguén entender que as becas de estudo se convoquen a finais do curso?

–  ¿Que se destine mais do dobre a axudas de estudio os fillos de empregados municipais que os veciños de Cambados?

– ¿Que a pesares de contar cunha partida orzamentaria de 7.000 € cada ano, dende que entrou a gobernar Luís Aragunde vemos como cada ano o gasto real desta partida cada ano e menor, chegando a gastar no exercicio 2012 menos da metade do crédito disposto na partida orzamentaria?

–  ¿Como pode ser que por exemplo o fillo dun empregado municipal que gañe 30.000 € si teña dereito a unha axuda ao estudio, e un fillo dun veciño de Cambados no desemprego non se lle conceda cando lle fai falla?

–  ¿Como pode ser que no Ano 2012 so se concederan 10 Axudas de Estudio para os veciños de Cambados?.

 Alguén quizais, facendo gala dunha gran demagoxia, poderá respostar argumentando a falta de fondos, pero  dende ANOVA propoñemos que se faga entón, se ese fora o problema, un suplemento de crédito eliminando “horas extras” e outras prebendas nas retribucións dos membros da corporación local no Concello de Cambados.

 Mais sensibilidade e menos hipocrisía, todos debemos mirar o noso arredor, os recursos públicos son de todos, saen do peto de todos e polo tanto non poden ser estragados sen control como se chovera do ceo, senón que teñen que administrarse a favor dos mais, e nestes tempos con mais sensibilidade e menos folclore. Convidamos ao alcalde a que baixe a rúa e comprobe que non todos os veciños teñen o seu salario.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s