Se activa la alerta roja en la costa de la provincia de Pontevedra

Bfqf5mPCUAAczErA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia informa de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) acaba de elevar a nivel vermello a alerta por temporal costeiro en todo o litoral da provincia de Pontevedra, que ata o de agora estaba en nivel laranxa.

Segundo a AEMET durante esta tarde haberá mar significativa do oeste e noroeste, con ondas de entre oito e nove metros de altura, e se espera que cara ao final da xornada o nivel de alerta baixe novamente a laranxa e se manteña durante todo odía de maña, domingo.

Esta alerta vermella -risco extremo-, súmase ás xa decretadas na costa das provincias da Coruña e de Lugo, quedando todo o litoral galego en alerta vermella. Así mesmo, mantense a alerta laranxa por vento en terra decretado para hoxe en toda a provincia da Coruña, na Mariña lucense e nas Rías Baixas, con refachos que poderán acadar ata os 120 km/hora nalgunhas zonas.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación as todos os concellos costeiros; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s