Enero el mes con mas días de lluvia desde que hay registros en Galicia

image_galleryO pasado mes de xaneiro resultou ser moi húmido e sitúase como o mes con maior número de días de chuvia (≥1L/m2) dende que se rexistran as series históricas. Na Coruña, Ourense, Santiago e Pontevedra superouse o máximo histórico de días de chuvia (≥1 L/m2). Na cidade das Burgas este número foi o dobre do valor climático normal, mentres que na Coruña, con 27 días de chuvia, superouse o máximo histórico de 1943, situado en 26 días.

Estes primeiros 31 días do ano 2014 quedaron marcados en Galicia pola continua chegada de borrascas dende o Atlántico. A confluencia de aire moi frío e o aire cálido subtropical asociado ao anticiclón dos Azores, que se mantivo en xeral preto destas illas, ocasionou a formación explosiva de moitas destas borrascas, que chegaron en varias ocasións a valores de presión por debaixo dos 950 milibares.

Esta situación xerou ventos moi intensos en mar aberto que, a súa vez, propiciaron a formación de trens de ondas de moita altura que deron como resultado continuas alertas no mar, destacando dúas alertas vermellas. A primeira o día 6 e a segunda nas xornadas do 27 e 28.

En total, as cantidades de chuvia estiveron por riba do dobre do agardado nas principais cidades, aínda que non se chegou a superar os máximos históricos que en numerosos lugares foron os rexistrados en xaneiro do 2001. No conxunto de Galicia, as precipitacións foron un 80% superiores aos valores normais. Tamén compre destacar o número de días nos que choveu máis de 1 L/m2 que se moveu entre os 22 en zonas do interior e os 28 da costa atlántica.

Chegada de frontes
En terra, o mes comezou coa chegada dunha fronte moi activa asociada a unha destas profundas borrascas, polo que a xornada estivo caracterizada por moito vento e chuvias fortes. O día 4 unha nova borrasca provocou fortes ventos, mentres que as chuvias foron intensas e xeneralizadas, ademais, os ventos continuaron a ser fortes no día 5 e a persistencia desa borrasca trouxo un episodio de ondas moi elevadas na xornada do día 6, cando se superou o récord na boia localizada a 20 millas náuticas de Cabo Silleiro.

Ata os días 10 e 11 non chegou unha cuña anticiclónica, que entrou en Galicia dende os Azores de xeito transitorio e deixou as dúas xornadas máis tranquilas do mes, pero, dende o día 12 en adiante, a chegada de borrascas foi practicamente continua, rexistrándose chuvia en tódalas xornadas ata o día 31. Compre destacar os días 15, 18 e 28 como os días con frontes máis activas e polo tanto máis chuviosos.
Estas frontes arrastraban moito aire frío, polo que os días seguintes, 16, 19 e 29 foron os máis fríos, con neve por debaixo dos 1.000 metros de altitude. De tódolos xeitos, ao ter nubes e vento, as temperaturas mínimas non foron en ningún caso extremadamente baixos.

En xeral, as temperaturas quedaron por riba dos valores normais dun mes de xaneiro, isto é debido á presenza das borrascas, que deixaron moitos días de suroeste con nubes e polo tanto temperaturas suaves. Houbo tamén xornadas de chuvascos, con ventos do noroeste, pero incluso estas non chegaron a marcar valores moi baixos, polo que non corrixiron as anomalías positivas asociadas cos días de suroeste.

Por cidades
En relación ás principais cidades de Galicia cabe sinalar que A Coruña rexistrou un mes moi cálido, tendo en conta as temperaturas mínimas e medias, porén para a temperatura máxima o mes considérase cálido. Non obstante, no eido das precipitacións, estas foron moi superiores ao rango de valores normais, polo que o mes considérase moi húmido, acadouse ademais o rexistro máis alto en número de días de chuvia.

No caso de Santiago, xaneiro foi un mes de contraste nas temperaturas, sendo un mes moi cálido con respecto ás mínimas e moi frío para as máximas. Debido a isto o mes resulta cálido para as temperaturas medias.

A precipitación rexistrada deu lugar a un mes moi húmido, acadándose o valor máximo da serie en canto ó número de días de chuvia.

En Lugo o mes foi moi cálido en xeral para todas as temperaturas. Mentres que no caso da chuvia coincide co resto das localidades, posto que as precipitacións rexistradas dan lugar a un mes moi húmido no que, o número de días de chuvia tamén acadou un valor moi superior ó climático.

Pontevedra tivo un xaneiro moi cálido tendo en conta as temperaturas mínimas e medias, mentres que o mes resultou frío tendo en conta as máximas. A precipitación rexistrada foi moi superior ao rango de valores normais e por tanto considérase o mes moi húmido. O número de días de chuvia tamén acadou o máximo histórica da serie.

No caso de Ourense, tamén foi un mes moi cálido observando as temperaturas mínimas e medias e cálido para as máximas. A precipitación rexistrada é moi superior ó rango de valores normais, resultando un mes moi húmido. O número de días de chuvia acadou o valor máximo da serie con máis do dobre de días, con respecto ó valor climático normal.

Para estas conclusións, compáranse os valores rexistrados no mes en curso nas estacións da rede meteorolóxica de MeteoGalicia cos valores climáticos, no período 1971-2000, para ese mes, obtidos a partir da serie histórica máis próxima.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s