Tres conciertos musicales y la presentación de un documental completan el programa cultural otoño-invierno

ernest_so_3-webTres concertos musicais e a presentación dun interesante documental veñen a completar a programación cultural outono-inverno que se alonga ata marzo.

A primeira destas citas, que quedaron fóra do programa porque xurdiron con posterioridade á presentación do mesmo, refírese ó concerto que ofrecerá Ernest So, pianista de fama internacional que está pasando unhas curtas vacacións na nosa comarca e que aceptou actuar en Cambados.

Este concerto titúlase The Far Side of the Road (A parte máis lonxana do camiño) e vaise celebrar o martes 11, ás 20 horas, no auditorio da Xuventude, un escenario no cal Ernest So tocará pezas dos músicos Joaquín Turina, David Saperton, Ástor Piazzolla, Billy Joel, Lorenzo Fernández e Sergei Bortkiewicz.

O 22 de febreiro, tamén no auditorio da Xuventude, presentarase o documental Entre Paradas, dirixido por Toño Chouza, producida por Jorge Coira e Maximino Cid Ferro (xefe da Policía Local de Cambados en excedencia) e interpretado, entre outros, pola cambadesa Olga G. Vilas. A cinta reflicte diversas escenas sobre a integración de discapacitados.

Ao día seguinte, 23 de febreiro, será a Orquestra de Saxos de Redondela a que actúe en directo, patrocinada pola Deputación provincial de Pontevedra.

Para o 8 de marzo, no que se conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora, queda o concerto da Banda Filarmónica do Salnés que está dando os seus primeiros pasos con gran aceptación do público.

Remata a programación

Dentro das actividades programadas polo Concello falta por celebrarse a derradeira sesión do ciclo de teatro infantil, que terá lugar este vindeiro domingo, ás 18 horas, no auditorio da Xuventude, coa posta en escena obra O Soldadiño de Chumbo.

As citas do programa Cooltural rematan o 6 de marzo coa inauguración no pazo de Torrado da exposición de pinturas de Vitor Mejuto. Esta mostra manterase na sala durante un mes.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s