Elevan a nivel rojo la alerta en todo el litoral gallego para esta tarde

1391618081498A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia informa de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) acaba de elevar a nivel vermello de alerta por temporal costeiro que afectará a todo o litoral galego na tarde de hoxe, con ondas que poden acadar os oito metros de altura.

Así mesmo, mantense o nivel laranxa de alerta nas catro provincias por temporal de vento en terra, con refachos que acadarán arredor dos 130 km/h.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Recomendacións á poboación
Por mor da alerta vermella na costa, desde a Consellería do Medio Rural e do Mar aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Así mesmo, tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar.

Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes contornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.

É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso.

Prevención en terra
Así mesmo, debido aos refachos de vento en terra, desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior quérese insistir á poboación da importancia de seguir as medidas de protección como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras ou circular con precaución nas estradas, especialmente se utilizan vehículos lixeiros como bicicletas ou ciclomotores.

Por último, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias-112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese.

Síguenos en :

facebook-logotwitter-3d-iconimages3d illustration of a large Instagram logo over a white reflective surface

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s